Obradoiro de 'Ecopercussión'
Con motivo da celebración do Entroido no centro, desde o departamento de música, decidimos retomar a actividade que se realizara xa no Entroido de 2020 (podedes atopar máis información na seguinte ligazón).
Por que optamos por un obradoiro de percusión? Tanto no curso pasado como no actual, debido á situación sociosanitaria que estamos a vivir, e segundo os protocolos que dita a normativa vixente, era moi complicado o emprego de instrumental de vento (frauta doce) mantendo a seguridade do alumando.
En base a isto, no presente curso, decidimos darlle máis protagonismo ao instrumental de percusión indeterminada e determinada. Para iso, foi necesario mercar unha partida importante de material de percusión para as aulas de música de Educación Infantil e Primaria, de tal xeito que cada nena e neno puidese dispoñer do seu propio instrumento.
Como motivación e para iniciar aos nenos na percusión, e sabendo a boa acollida que tivera na edición anterior, pensamos que este obradoiro que nos ofertaban, era ideal para este fin.
A actividade consistíu na realización dun obradoiro musical de percusión de altura indeterminada, cunha duración dunha hora por clase. As aulas participantes nesta ocasión foron as do 1º e 2º nivel de Educación Primaria.
O encargado de impartir o obradoiro este ano foi Ibrahim, percusionista profesional que pertence ao grupo Ecopercussión, con sede na provincia de Pontevedra. O termo Ecopercussión une ecoloxía e música, polo que todos os instrumentos empregados eran de refugallo: cubos de pintura, bidóns de pvc de diferentes tamaños e sons. Para percutir foron empregadas baquetas de madeira; (todo o material foi achegado polos organizadores da actividade).
Como agardabamos, foi todo un éxito e nos gustaría repetir a experiencia en cursos vindeiros e con outros niveis educativos.
Podedes ver esta actividade na Galería de Imaxes.
-Departamento de Educación Musical