Blogues
PLAN DE CONTINXENCIA
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 07/09/2020 - 10:50am
O Plan de Continxencia do CEIP A MAÍA ten por finalidade establecer os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido a suspensión da actividade lectiva como consecuencia da aparición dun gromo que supoña o cese da actividade presencial nunha aula/etapa educativa/centro.
PLAN DE ADAPTACIÓN DO CEIP A MAÍA Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 20/21
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 07/09/2020 - 10:48amPROTOCOLO COVID: DECLARACIÓN RESPONSABLE E MODELO DE AUTO ENQUISA
Enviado por Dirección do Centro o Dom, 06/09/2020 - 9:37pm
Estimadas familias, tal e como se indica no Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de galicia para o curso 2020-2021
Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínico epidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
No suposto de alumnado que poida ter a condición de vulnerable como consecuencia de patoloxías (agudas ou crónicas) que provoquen dependencia os criterios sanitarios que rexerán asistencia a clase ou, de ser o caso, a escolarización domiciliaria serán os que recomende médico ou pediatra.
É importante que saibades que a medición de temperatura ou a avaliación doutros síntomas compatibles coa COVID-19 será realizada por vós, no seo da familia de forma diaria antes de acudir pola maña ao centro escolar.
Igualmente, debedes cubrir o documento de declaración responsable e facelo chegar polo neno ou nena ao seu titor ou titora nos primeiros días do curso.
Podedes acceder dende este enlace á auto enquisa e dende aquí ao documento de declaración responsable.
PROTOCOLO COVID-19 EN IMAXES
Enviado por Dirección do Centro o Dom, 06/09/2020 - 4:56pm
USO DE MÁSCARA OBRIGATORIO PARA ALUMNADO A PARTIR DE 6 ANOS E PARA TODAS AS PERSOAS ADULTAS
HIXIENE DE MANS OBRIGATORIA EN DISTINTOS MOMENTOS DA XORNADA LECTIVA
DOUS ESPAZOS DE ILLAMENTO, UN EN PRIMARIA E OUTRO EN INFANTIL
COMEZO DO CURSO 20/21
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 03/09/2020 - 11:01amEstimadas familias, estamos traballando para que poidades envíar aos vosos fillos e fillas ao centro con seguridade.
Estamos recibindo chamadas constantes sobre aspectos que vos preocupan como plan COVID, organización de entradas e saídas, transporte, comedor, etc. Entendémolo, pero toda a información a teredes nesta páxina web o día 7 de setembro á vosa disposición, non queremos facela pública antes xa que todo está suxeito a cambios.
Agradecemos a vosa comprensión.
Recollida no centro dos libros do fondo solidario
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 02/09/2020 - 8:42amEstimadas familias do alumnado beneficiario do fondo solidario para o curso 20/21, deberan pasar a recoller e asinar a recollida nos seguintes días:
- 4º de educación primaria: xoves 3 e venres 4 de setembro en horario de 9 a 14.
- 3º de educación primaria: luns 7 e martes 8 de setembro, en horario de 9 a 14.
PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 31/08/2020 - 10:57amEstimadas familias, a partir do día 1 recibirán unha chamada telefónica indicándolle en que grupo e en que quenda se incorporará o seu fillo ou filla.
o horario dos distintos grupos e quendas segue a seguinte planificación:
PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O CURSO 2020/21 4º EDUCACIÓN INFANTIL |
||||
Primeira semana Xoves 10 e venres 11 de setembro de 2020 |
||||
QUENDA A: de 9:30h a 10:00h
|
QUENDA B: de 10:15h a 10:45h
|
QUENDA C: de 11:00h a 11:30h
|
||
Segunda semana Do luns 14 ao venres 18 de setembro |
||||
QUENDA A: de 9:30h a 10:30h
|
QUENDA B: de 10:45h a 11:45h |
QUENDA C: de 12:00h a 13:00h |
||
Terceira semana Do luns 21 ao venres 25 |
||||
TODOS DE 10:00H A 13:00H |
||||
A partir do luns 28 de setembro |
||||
TODOS EN HORARIO COMPLETO de 9:05 h a 14:05h |
Lembren que si solicitaron os servizos complementarios, até o día 28 de setembro, data na que o seu fillo ou filla se incorporará en horario completo NON PODERÁN FACER USO DO TRANSPORTE ESCOLAR NIN DO SERVIZO DE COMEDOR.
LISTAS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2020/21
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 24/07/2020 - 11:26amTodo o alumnado que solicitou praza de transporte para o curso 2020/21 resultou admitido.
Por protección de datos non publicamos as listaxes polo que deben poñerse en contacto co centro para confirmar que o autobús e a parada son as correctas.
Horario de atención: De luns a venres de 10:00h a 13:00h
Teléfonos de atención
- Isabel: 881866002
- Paco: 881866005
- Victoria: 881866006
Lembren que esta adxudicación podería verse afectada si houbera que adoptar outras medidas fronte a pandemia do COVID, posto que un empeoramento da situación puidera supoñer a imposición de outras medidas de protección e seguridade.
Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 23/07/2020 - 9:11amRESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDO LIBROS 2020_21
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 21/07/2020 - 11:50amXa temos lista a adxudicación definitiva de fondo libros para 3º e 4º de educación primaria.
Por favor póñanse en contacto co centro para saber que libros lle foron adxudicados.
Os libros recolleranse no centro na 1º semana do mes de setembro.
Horario de atención en secretaría: De luns a venres, de 10:00h a 13:00h.
Teléfonos de consulta:
881866002 - Isabel
881866005 - Paco
881866006 - Victoria
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »