Estimadas familias, estamos traballando para que poidades envíar aos vosos fillos e fillas ao centro con seguridade.
Estamos recibindo chamadas constantes sobre aspectos que vos preocupan como plan COVID, organización de entradas e saídas, transporte, comedor, etc. Entendémolo, pero toda a información a teredes nesta páxina web o día 7 de setembro á vosa disposición, non queremos facela pública antes xa que todo está suxeito a cambios.
Agradecemos a vosa comprensión.