A actividade para esta semana consiste en inventar un deporte ou xogo usando material reciclado. Para iso, busca envases pola casa que poidas reutilizar e despois cubre a ficha que adxunto (é a mesma que a dos deportes alternativos). Podedes mandarme fotos ou vídeos do proceso e o resultado final ou simplemente cubrir a ficha. Deixovos un vídeo que grabei para traballar a reciclaxe co meu alumnado de 1º pero que vos pode servir para coller ideas.
Por exemplo:
Cun bote de suavizante fixen un recipiente para recepcionar unha pelota o que lle chamei "suaviball" e o xogo que inventei consiste no seguinte:
2 equipos de 8 xogadores
Campo de Balonmano
Material: 16 suaviballs e 1 pelota
O xogo consiste en dar mínimo 8 pases seguidos co suaviball sin que o equipo contrario logre roubarnos a pelota. Cada vez que un equipo dé 8 pases recibirá 1 punto.
Normas:
- A pelota ten que pasar por todos os membros do equipo para conseguir ese punto.
- Non vale defender a menos de 1 metro.
- Se a pelota cae o chan automáticamente pasa a ser do equipo contrario
Cando o teñades podédelo enviar ó correo: correoparalasdos@gmail.com
A ficha dos deportes alternativos só a recibín dunha persoa, podedelas enviar a ese mesmo correo.
Tarefas de Educación Física de 1º a 5º (20 de abril a 1 de maio)
Este ano o noso maio vai ser moi especial. Neste mes celebramos unha festa popular que é a festa dos maios, con ela imos traballar a coordinación co xogo de mans...
Quérovos propoñer que fagades un poema, canción ... para a festa dos maios.