O día 16 de xaneiro comeza o prazo de reserva de matrícula para aquel alumnado que cambia de etapa. No noso caso refírese especialmente ao alumnado de 6º de Ed. Primaria que para o vindeiro curso 23-24 cursará 1º de ESO nun IES. Lembrar que o noso centro de referencia é o IES Valle Inclán.
Para cubrir a documentación, o centro enviará ás familias unha copia do formulario. Tamén se pode ver e cubrir na sede electrónica no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A
As solicitudes poden presentarse no noso centro en horario de secretaría ou telemáticamente.
O prazo de presentación das solicitudes para a reserva de praza (6º Primaria) finaliza o 6 de febreiro.