Skip to Content

Accede a nosa Aula Virtual

Vídeo titorial sobre como acceder á Aula Virtual.

 

Tamén podes seguir os pasos a partir dos pdf que atoparedes ao final deste artigo.

  •  Titorial acceso aula virtual
  •  Titorial Aula Virtual

 

Nos seguintes enlaces atoparedes información da App Moodle Mobile, para traballar na aula virtual cos dispositivos móbiles:

Instalar a app no meu dispositivo

 

 

Para instalar a app no teu dispositivo móbil (tablet e/ou smartphone), en primeiro lugar descarga a app desde a tenda de aplicacións do teu dispositivo móbil "Google Play" ou "App Store, do mesmo xeito que calquera outra aplicación para o móbil. Esta app é totalmente gratuíta.

Se usas un dispositivo móbil (teléfono ou tablet) con sistema operativo Android

Desde o teu dispositivo móbil abre a tenda de aplicacións Google Play e busca a app tecleando "Moodle app". A continuación descarga e instala esta app no teu dispositivo móbil

Se usas un dispositivo móbil (teléfono ou tablet) con sistema operativo iOS

Desde o teu dispositivo móbil abre a tenda de aplicacións App Store e busca a app tecleando "Moodle app". A continuación descarga e instala esta app no teu dispositivo móbil.

 

Unha vez descargada a app no teu dispositivo móbil, a primeira vez que a usas debes introducir os datos de conexión coa Aula Virtual do teu centro educativo.
 

imaxe 1

imaxe 2

imaxe 3

imaxe 1
Cando abras por primeira vez a app, deberás introducir a dirección URL de aula virtual do teu centro.

https://www.edu.xunta.gal/centros/nome-do-centro/aulavirtual

Fíxate que introduces correctamente a dirección URL e que non cometes ningún erro. Sobre todo asegúrate de que introduces o dominio ".gal" e non ".es"
   
imaxe 2
Se o enderezo URL introducido é correcto e a configuración da Aula Virtual tamén é correcta, a app permitirá que pulses o botón "Conectar ..."   
 
imaxe 3
Nesta terceira pantalla deberás introducir o mesmo nome de usuario e contrasinal que usas para acceder á Aula Virtual en modo online, desde o ordenador.

 

Que podo facer coa app Moodle Mobile  

 Cando o usuario entra por primeira vez na app, vai directamente á pantalla principal da aplicación onde se poden distinguir dúas áreas claramente diferenciadas:

  • Área persoal
    Na área persoal móstranse os cursos nos que está matriculado o usuario (os cursos aos que ten acceso), podendo seleccionar os cursos que queres visualizar por intervalos de datas.

  • Inicio do sitio
    Na área "Inicio do sitio", o usuario pode visualizar a lista de categorías na que están organizados os cursos, así como tamén realizar unha busca de cursos en función dos criterios de busca que se introduzan no buscador.

O resto dos menús que contén a aplicación dan acceso a outro tipo de funcionalidades.

Eventos de calendario Mensaxes Notificacións Opcións e configuracións

 

Os menús adáptanse á área dispoñible de pantalla, polo que no caso de usar Moodle Mobile desde unha tableta a área de traballo é moito maior e resulta moito máis cómodo para o usuario.

  

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Titorial acceso aula virtual.pdf1.77 MB
Titorial Aula Virtual.pdf1.64 MB


page | by Dr. Radut