Biblioteca

Traballos na horta

Durante todo o curso estivemos a traballar na horta e no invernadoiro, plantando diferentes especies segundo a época do ano en que nos atopamos.

Tamén fixemos sementeiros de diversas plantas aromáticas para trasplantalas cando medren á nosa biblioteca exterior.

E investigamos sobre a xerminación, principalmente das leguminosas, aprendendo ademais sobre as partes das plantas, especialmente dos brotes.

Apadriñamentos lectores

Para conmemorar o Día do Libro tamén demos comezo aos Apadriñamentos lectores, unha actividade que tivera que ser suspendida pola pandemia, pero que agora temos a sorte de poder levar a cabo de novo.

Cada un dos nenos e nenas maiores apadriña a un dos máis pequenos, e prepara un conto ou historia para contarlle unha vez ao mes e desfrutar xuntos desta lectura compartida.

Plantamos amorodos

Na zona final da ladeira, reutilizando os palés de cores do lado do peche, creamos unha pequena zona de horta en macetas para plantar amorodos.

Esperemos que pronto den os seus froitos grazas aos coidados do noso alumnado.

Retos de escritura creativa

Xa tedes a vosa disposición na entrada da escola o panel cos Retos de Escritura Creativa.

Animñadevos!!!

Cita a cegas cun libro

Se tes o teu vale...

Xa temos preparado para a Cita cega cun libro...

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!

Distribuir contido

Back to top