Biblioteca

INVESTIGANDO A MAR

Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, Tania, nai de dúas crianzas do cole, veu explicarnos algunhas cousiñas do seu traballo como investigadora na ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla). Tróuxonos utensilios que utilizan para coller auga, para recoller fauna e flora mariña e para medir os peixes. Tamén fixemos algún experimento con algas e unha actividade de análisis de obxectos recollidos na area da praia.

Unha actividade interesantísima coa que desfrutaron todas as aulas do cole!

 

OBRADOIRO ORIGAMI

Neste 2º trimestre desfrutamos duns obradoiros de origami a cargo do alumnado de 5º e 6º de primaria co obxectivo de dinamizar a biblioteca na hora do recreo.

 

 

As 7 Herbas de San Xoán

Estamos levando a cabo un obradoiro para aprender sobre as 7 herbas de San Xoán.

Aprendemos cales son esas 7 herbas, a identificalas e algunhas das súas caraterísticas e usos. Tamén observamos outras herbas que tamén se poden empregar para facer o cacho nesa noite tan máxica do ano e que, ademais podemos atopar na nosa contorna.

Día do Medio Ambiente: Códigos QR nas nosas árbores

Xa podedes obter a información recollida polo alumnado sobre a flora da nosa escola. Unicamente tedes que ler cun dispositivo móvil o código QR que se atopa en cada unha das árbores, arbustos e plantas que temos nos nosos patios.

Día do Medio Ambiente

Velaí tedes unhas pequenas recomendacións que podemos ter en conta para coidar do noso Planeta.

Esperamos que entre todos poñamos en marcha estas pequenas accións e entre todos axudar a coidar do medio ambiente.

Distribuir contido

Back to top