Skip to Content

Táboa de rexistro de datos

O alumnado de FP xa pode descargar un pdf con algunhas actividades para realizar na casa: exercicios relacionados cunha táboa de rexistro de datos. 

Pincha en adxunto para poder descargalos.

O aparato locomotor: os músculos

Aquí tedes uns apuntes para traballar a unidade do aparto locomotor: os músculos. Esperemos que a lectura de estos apuntes vos sexa de utilidade!

Para completar a información, podedes ver o seguinte vídeo.

 

    

Medimos a temperatura no invernadoiro

Queres aprender como coñecer a temperatura? Pincha no vídeo e escoita a explicación da profesora de FP Xardinaría.

Como ver as actividades na páxina web?

Aquí tedes un vídeo explicativo para saber como consultar as actividades que os profesores e profesoras do CEE Terra de Ferrol están subindo á páxina web. Podedes velo tamén no noso canal de Youtube CEE Terra de Ferrol.

 

             

Actividades multisensoriais e piscomotrices

Ante a situación de alerta sanitaria provocada polo COVID-19, dende as unidades de psicomotrocidade e estimulación multisensorial poñemos a disposición das familias unha serie de actividades a modo de xogo que poden ser de utilidade para que empregar cos nenos e nenas na casa. Tendo en conta a grande heteroxeneidade e diversidade do noso alumnado, cremos que se trata de xogos que poden adaptarse en función das necesidades e capacidades de cada neno/a.

 
 
Exemplo de actividades para realizar no domicilio
 
Exemplo de actividades para realizar no domicilio

Para descagar o arquivo completo con todas as actividades, preme en adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut