CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
Comeza o proceso electoral para a renovación parcial de membros do Consello Escolar. Publicamos a circular informativa na que se establece a data e hora do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.
Este curso corresponde renovar 2 profesores/as, 3 membros do persoal de administración e servizos e 4 pais, nais ou titores/as legais. Animamos a toda a comunidade educativa a participar neste proceso, xa que o Consello Escolar constitúe o órgano de participación dos distintos sectores na vida escolar.