Skip to Content

2º PREMIO NO II CAMPEONATO BARISTA

O pasado mércores, 15 de maio de 2024, viaxamos a Boiro, para participar na Segunda Edición do Campeonato de Baristas para os centros de Educación Especial que contan co Programa Formativo de Servizos de Restauración. 

A parella de baristas formada por Iván e Hugo, alumnos do CEE Terra de Ferrol, acadaron o segundo premio deste campeonato, no cal demostraron as súas destrezas e habilidades para preparar dous cafés expresos, dous cafés capuchinos e dous cafés especiais sen alcohol. 

Deixámosvos unha foto de recordo do momento da entrega do 2º premio e o enlace ao vídeo para poder visualizar o campeonato completo.



page | by Dr. Radut