BLOG DO PROXECTO PARA PROMOCIONAR A DOAZÓN DE SANGUE
BENVIDOS!
Queremos darvos a benvida ao blogue do proxecto Salvavidas do curso 23/24.
De novo este ano, queremos colaborar coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), acollendo no noso centro a unidade móbil de doazón de sangue.
Por aquí iremos rexistrando as actividades relacionadas co noso proxecto.
SALVAVIDAS
Balance do proxecto
paulaferrob — Mér, 17/04/2024 - 23:15
Este ano non puido ser; non acadamos o noso obxectivo. Tal vez fomos moi ambiciosos. Pero como nos gusta ser optimistas, querémonos centrar no positivo: o sangue doado o pasado martes 16 de abril vai axudar a 117 persoas que o precisan.
Por iso queremos agradecer a todos os que vos acercastes a colaborar solidariamente:
GRAZAS POR AXUDARNOS A SALVAR VIDAS!!
VIDEO CAMPAÑA DOAZÓN SANGUE 2024
admin — Lun, 15/04/2024 - 15:44
#Apolas70doazóns é o lema que escolleron os nosos alumnos e alumnas neste video que gravaron e editaron no proxecto Producións Panxón onde vos animan a todos e todas a vir mañá 16 de abril a doar sangue.
O obxectivo é conseguir así chegar ás 70 doazóns, dato histórico para o concello de mañá! Esperámosvos!
PRESENTACIÓN CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE 2024
admin — Lun, 15/04/2024 - 15:05
- Mañá moi intensa no CEE de Panxón: Presentación da campaña mais solidariado centro a través dunha rolda de prensa a que asistiron representantes dos centros educativos que a organizan, Juan González alcalde de @concellodenigran e Sabela Lareo de @doadoressangue
- Mañá 16 de abril o noso centro educativo acollerá o autobús de doazón de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00.
- Este ano o noso obxectivo é chegar ás 70 doazóns, superando o número do ano pasado e colocando ao concello de Nigrán nos mellores datos de doazón da historia!
Animádevos a a vir!
#apolos70 #campañadoazonsangue #planproxectasalvavidas #ceepanxon
#cpiarquitectopalacios #centrossolidarios #nigran
Traballamos para concienciar
paulaferrob — Xov, 04/04/2024 - 09:30
O seguinte paso, fundamental para que a nosa campaña de doazón teña éxito, é a promoción.
Por unha banda quixemos preparar uns experimentos para levar á EEI As Dunas, e así que os máis pequenos animasen ás familias a vir a doar. Decidimos falarlles do funcionamento do noso corpo, tanto do corazón como dos pulmóns.
Tamén, quixemos deseñar un cartel para dar difusión á nosa campaña. Tanto para colocar na contorna e informar aos veciños, como para enviar aos medios de comunicación.
Ademáis, os nosos compañeiros de produccións están preparando un video moi especial. Pronto vos informaremos...
Aprendemos sobre o sangue
paulaferrob — Mar, 05/03/2024 - 09:10
Comezamos o traballo! O primeiro será aprender sobre as funcións do sangue para comprender a importancia das doazóns.
Tamén aprendemos que significa o grupo sanguíneo, e quixemos descubrir cal era o noso. Para o cal, utilizamos un kit preparado e pedímoslle á nosa enfermeira unhas poucas lancetas.
Aproveitamos os datos obtidos para facer unha pequena estatística, e vimos que as frecuencias coincidían cos da poboación xeral; sendo os grupos A e O, os máis abundantes.
Continuamos aprendendo para facer que o noso proxecto sexa un éxito!
BENVIDOS!
paulaferrob — Mar, 27/02/2024 - 12:09
Queremos darvos a benvida ao blogue do proxecto Salvavidas do curso 23/24.
De novo este ano, queremos colaborar coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), acollendo no noso centro a unidade móbil de doazón de sangue.
Por aquí iremos rexistrando as actividades relacionadas co noso proxecto.
Comezamos!