BLOG DO PROXECTO PARA PROMOCIONAR A DOAZÓN DE SANGUE
BENVIDOS!
Queremos darvos a benvida ao blogue do proxecto Salvavidas do curso 23/24.
De novo este ano, queremos colaborar coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), acollendo no noso centro a unidade móbil de doazón de sangue.
Por aquí iremos rexistrando as actividades relacionadas co noso proxecto.
Traballamos para concienciar
paulaferrob — Xov, 04/04/2024 - 09:30
O seguinte paso, fundamental para que a nosa campaña de doazón teña éxito, é a promoción.
Por unha banda quixemos preparar uns experimentos para levar á EEI As Dunas, e así que os máis pequenos animasen ás familias a vir a doar. Decidimos falarlles do funcionamento do noso corpo, tanto do corazón como dos pulmóns.
Tamén, quixemos deseñar un cartel para dar difusión á nosa campaña. Tanto para colocar na contorna e informar aos veciños, como para enviar aos medios de comunicación.
Ademáis, os nosos compañeiros de produccións están preparando un video moi especial. Pronto vos informaremos...