BLOG DO PROXECTO PARA PROMOCIONAR A DOAZÓN DE SANGUE
BENVIDOS!
Queremos darvos a benvida ao blogue do proxecto Salvavidas do curso 23/24.
De novo este ano, queremos colaborar coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), acollendo no noso centro a unidade móbil de doazón de sangue.
Por aquí iremos rexistrando as actividades relacionadas co noso proxecto.
Aprendemos sobre o sangue
paulaferrob — Mar, 05/03/2024 - 09:10
Comezamos o traballo! O primeiro será aprender sobre as funcións do sangue para comprender a importancia das doazóns.
Tamén aprendemos que significa o grupo sanguíneo, e quixemos descubrir cal era o noso. Para o cal, utilizamos un kit preparado e pedímoslle á nosa enfermeira unhas poucas lancetas.
Aproveitamos os datos obtidos para facer unha pequena estatística, e vimos que as frecuencias coincidían cos da poboación xeral; sendo os grupos A e O, os máis abundantes.
Continuamos aprendendo para facer que o noso proxecto sexa un éxito!