O pasado 11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
Con motivo desta celebración, na Biblioteca do CEE de Panxón tivemos a visita de dúas científicas:
que nos explicaron cales foron os seus inicios nas súas carreiras como investigadoras e tamán compartiron con nós o seu traballo actual, tendo a oportunidade de poder ver con elas organismos vivos obxecto das súas liñas de traballo: Zooplancto(Artemia Salina, copépodos,...),larvas de lenguado, aparellos bucais de cefalópodos (polbo, choco...)
Desde aquí queremos dar as gracias a TODAS as mulleres investigadoras polo seu traballo, e dun xeito especial a Luisa e Aurkene por ter a ben facer un oco nas súas axendas e compartir con nós todo o seu saber e experiencia.