O vindeiro venres 4 de maio a partir das 16:00h e na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, terá lugar a Feira de Proxectos Escolares PITEAS, un proxecto de mellora da formación do profesorado e de apoio e asesoramento aos centros educativos na detección e educación do talento do alumnado promovido pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a participación da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela.
Alí estará representado o noso centro, o CEE de Panxón, cun Stand interactivo, cunha serie de pósters sobre os proxectos desenvolvidos e cunha presentación de Boas Prácticas. Clicando nas imaxes podes ter máis información sobre ubicación e horarios