Xa comezamos os preparativos para o restaurante TOLEAMOS SEN +!
Nesta edición a aportación desde o horto para o merchandising son as luffas para facer esponxas vexetais.
Elaboramos un KIT con ESPONXA DE LUFFA e XABÓN, feito tamén en Panxón. Este kit vai acompañado polas propiedades da luffa como cosmético natural.
Queremos contribuir desde o coidado do corpo ao coidado do medio ambiente, utilizando esponxas que ao final da súa vida útil poden ser compostables.
Aquí amosamos unha pequena reportaxe na elaboración deste kit, desde a construción das caixas , a elaboración do xabón a edición das pegatinas e o embalaxe.
Esperamos que teña éxito a venda!