try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Blogues

PRODUTO DA COOPERATIVA A CARQUEIXA

O noso profe de cociña, Álvaro ensinounos como se despeza unha pata dianteira de tenreira. 

Para esta ocasión fixo pedido da pata  á COOPERATIVA Á CARQUEIXA que tivemos ocasión de visitar, a principios de febreiro, nos ANCARES.

Poidemos aprender vocabulario utilizado en carnicería que non é moi común

Os disitintos despieces formarán parte de elaboracións para o menú do noso restaurante. 

Temos que recoñecer que a algúns de nós non nos resultou moi doado vivir a experiencia do despiece.

 

INVENTARIO DE PRODUTOS DO HORTO PARA O MENÚ DE TOLEAMOS SEN +

Esta semana comezamos a facer o inventario de produtos dispoñibles no horto para o menú do primeiro restaurante de Toleamos sen + deste curso.

Debido ao mal tempo no outono, este ano tivemos menos colleita no exterior polo que fixemos máis sementeiros e así poder utilizar os agromos para as elaboracións na cociña.

Esta técnica resultounos moi útil, práctica e sobre todo, que nos da pouco traballo e moita produción!

 

 

EVENTO COME LOCAL

O CEE de Panxón acollerá o vindeiro xoves 14 de marzo de 2024, unha xornada de degustación de #ExperienciasdeCalidade preparadas por cociñeir@s de 4 centros escolares participantes nesta edición. Estes, en colaboración co alumnado deste centro de educación especial, elaborarán 4 receitas con produtos con indicativo de calidade galego. 

Haberá unha charla informativa sobre a campaña para todos aqueles pais e nais que se acheguen ese día na que terán ocasión de coñecer máis sobre os produtos degustados e probar os pratos elaborados polos cociñeir@s destes catro comedores escolares.:

CEE de Panxón

CEIP Ría de Vigo

CEIP da Carrasqueira 

CEIP A Paz-Tintureira

 

SEGUEN AS TAREFAS NO HORTO

Este curso debido ao mal tempo que houbo no outono e no inverno, as tarefas no horto retrasáronse un pouco. 

Tamén estamos a probar métodos para que a estancia nel sexa máis agradable para tod@s.

Empezamos marcando bancais, utilizamos cartón e palla para evitar as herbas e reter a humidade, no fondo do horto comezamos a facer un recuncho de aromáticas...en fin, pequenos cambios que requiren da nosa atención.

Á visita ao restaurante no Grove, CULLER DE PAU, deunos moitas ideas para que sexa máis profesional. Estamos a aprender para poder levalas a cabo.

Aquí vos amosamos unhas imaxes de distintos momentos ao longo do curso.

Seguiremos con máis cambios !

IV COME LOCAL

O CEE de Panxón, o CPI Arquitecto Palacios e o EEI As Dunas Panxón, son tres dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL" , campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través de @experienciasdecalidadegalicia 

Entre outras cousas, achegarase varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade)a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.
#comelocal2023#eatlocal2023@experienciasdecalidadegalicia@slowfoodcompostela#campañacomelocal

Distribuir contido