Skip to Content

Atención ambulatoria

CENTRO DE RECURSOS. APPS DE INTERESE

Queridas familias:

Esperamos e desexamos que vos atopedes perfectamente, e que as consecuencias desta situación excepcional sexan as mínimas posibles nos vosos fogares. Dende o Centro de Recursos, queremos recordarvos que estamos á vosa disposición ante calquera dúbida e tamén para ofrecervos o noso apoio e asesoramento se o precisades. A continuación, atoparedes unha recompilación de aplicacións educativas e de entretemento clasificadas en distintas categorías. Todas as Apps seleccionadas son gratuítas, mais nalgunhas só será posible acceder a parte dos contidos e noutras será preciso rexistrarse. Nas táboas aparece tamén indicado en que sistema operativo se poden descargar, Android ou Apple.

Con este material, non pretendemos interferir na vida familiar nin solapar as tarefas dos centros educativos de referencia, tan só queremos ofrecervos actividades atractivas, lúdicas e variadas por se as precisades. Recibide unha gran aperta, moito ánimo e confiamos en que pronto chegará o día no que celebremos o noso encontro.

Para calquera consulta ou aclaración non dubidedes en poñervos en contacto connosco.

Silvia Anca  silviaanca@edu.xunta.gal

 

Un cordial saúdo.

Atención ambulatoria

Actualmente, o CRE conta con dúas docentes de AL a tempo completo para a atención ambulatoria en horario de tarde.

A atención ambulatoria ten por obxectivo principal a atención individualizada de alumnado con necesidades nas áreas da comunicación e da linguaxe, pertencente a outros centros educativos da zona.

A solicitude dos servizos do CRE farase mediante instancia da dirección do centro de procedencia do alumnado. Deberase enviar, cuberta e asinada, o modelo de solicitude adxunto a continuación ao correo electrónico do centro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut