Skip to Content

ACTIVIDADES 2016

A ANPA, en colaboración co noso centro, organiza actividades extraescolares para os nosos alumnos e alumnas que contribúan a gozar do seu tempo de lecer despois da xornada de traballo. 

Estas actividades tratan de fomentar o traballo en grupo, as relacións interpersoais ou habilidades sociais e de comunicación, para isto temos en conta os gustos dos nosos mozos e mozas.

No ano 2016 se priorizaron dúas actividades, a danza e o deporte.

DANZAS URBANAS: é unha actividade que se ven desenvolvendo dende o curso anterior e que gusta moito aos participantes porque, ademáis de cumprir todos os obxectivos formulados, lles permite aprender a orixe das danzas, practicalas e compartilas nun espectáculo a finais de curso coas familias.

A actividade se desenvolve un día a semana en dúas quendas. A dirixen os profesionais de Starben S.L.

MULTIDEPORTE: tamén é importante coidar da saúde mediante actividades de multideporte que contribúan a manter unha actividade física despois das clases. Esta actividade se desenvolve un día a semana e está dirixida polos profesionais de VV Xestión de Actividades S.L.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: para rematar un ano de traballo nada mellor que pasar un día todos xuntos na compaña dos profesores e monitores. Este ano remataremos cunha excursión na que estamos a traballar nestes momentos pero que será divertida, participativa e que nos servirá de despedida ata o novo curso.

Para a realización da excursión precisaremos da colaboración de cada famiilia aportando a cantidade de 10 €. Non vos esquezades de envialos a través dos vosos fillos cando volo indiquen no centro.

Tampouco esquezades que a ANPA precisa do apoio de todos para desenvolver estas e outras actividades ao longo do curso, por eso existe un número de conta que se vos entrega a inicios de curso no que podedes facer os vosos ingresos, na cantidade que consideredes, para poder apoiar o desenvolvemento destas actividades para os nosos fillos e fillas. Si non tedes o número, a través do correo eletrónico da anpa ou por teléfono nolo podedes solicitar.



story | by Dr. Radut