Skip to Content

O CEE MANUEL LÓPEZ NAVALÓN, CENTRO SELECCIONADO NO PROXECTO DUALIZA

O noso colexio vén de ser seleccionado para o proxecto  DUALIZA 2023-2024 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024-2025

 

 Facendo Clic na imaxe tedes acceso ao calendario escolar deste curso 2024-2025.

 

Festival fin de curso 23/24

Festa

Outro ano máis, chegamos ao final do curso. Un ano cargado de moitas alegrías, polos momentos vividos e certa pena e nostalxia polos compañeiros/as que rematan a súa andaina no noso centro. 

Como sempre deixámosvos un pequeno resumo do que ata hoxe é o mellor festival de fin de curso do mundo.

Esperamos que desfrutedes moitísimo do verán e desas vacacións tan merecidas!!!.

Se queredes ver o video, picade aquí.

Vémonos en setembro.

 

Excursión a Marcelle

Como sabedes, este luns, 17 de xuño, fómonos todo o cole a pasar o día ao parque zoológico Marcelle Natureza. 

Neste parque, os animais alóxanse en condicións que permitan a satisfacción das súas necesidades físicas e psicolóxicas e proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade. No parque poderás gozar de especies da fauna autóctona, entre as que destacarían o lobo ibérico, o xabaril e o oso pardo; así como especies exóticas por exemplo bisontes, linces boreales, suricatos, avestruces, dromedarios, canguros, cebras, capibaras ou armadillos entre outros.

 

No parque pódense atopar especies da fauna autóctona, entre as que destacarían o lobo ibérico, o xabaril e o oso pardo; así como especies exóticas por exemplo bisontes, linces boreales, suricatas, avestruces, dromedarios, canguros, mapaches, capibaras ou armadillos entre outros.

 

O noso alumnado pasouno de fábula e para que vós tamen disfrutedes destes momentos, deixámosvos a continuación un pequeno resumo do noso paso por Marcelle.

 

Preme na imaxe para ver o vídeo

 

Feliz Verán!!!!

 

Vémonos en Setembro!!!

 

Menú do mes de Xuño

Chega o mes de xuño e con el un novo remate de curso nas vésperas de San Xoán. Aquí deixamos o menú para estes días e despedímonos ata o próximo curso. Bo verán , sede felices.

 

 

O CEE MAUEL LÓPEZ NAVALÓN VÉN DE OBTER O 1º PREMIO NO 2º CAMPIONATO DE BARISTAS CELEBRADO EN BOIRO

 

A parella de baristas formada por Laura Alonso Tobio e Sergio García e titorizados pola súa profesora titora Carmen Alvite acadan o primeiro premio na Segunda Edición do Conurso Baristas para os centro de Educación Especial que contan co Programa Formativo de Servizos de Restauración. Estamos a preparar unha selección de fotos do evento, pero polo de agora deixamos a nova recollida en diferentes xornais. Como recollen a este evento asistiron diversas autoridades como a Directora Xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez Fernández  , acompañada da Subdirectora  e o alcalde de Boiro.

Así o recollen diversos xornais e medios e na páxina da Consellería de Educación

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2024/05/16/colegio-manuel-lopez-navalon-triunfa-concurso-baristas-celebrado-paso-goians/0003_202405B16C6998.htm 

 

https://www.elcorreogallego.es/concellos/2024/05/15/aromas-cafe-pazo-goians-102420039.html

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/001749/directora-general-formacion-profesional-pone-como-ejemplo-buenas-practicas-educacion

 

 

comedor maio

Bo día a todos e a todas , especialmente a esa clase que pide o menú do comedor nesta páxina, eles e elas ben saben quen som. Chega o menú de maio , o mes da primavera que abre a porta ao verán. 

se clicades na imaxe tedes o menú á vosa disposición.

Menú do mes de Abril

O mes de abril chega a volta de semana santa, deixamosvos aquí o menú para un mes que comeza con días cda vez máis longos e co cambio de horario. Clica na imaxe para acceder ao menú de abril.

Comedor Marzo

Ola bo día.  se picades nesta imaxe primaveral , apareceravos o menú deste mes de marzo,

Distribuir contido


by Dr. Radut