O noso centro atende a alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a discapacidade intelectual ata os 21 anos.
NIVEIS E SERVIZOS EDUCATIVOS
O currículo desta etapa orientase a acadar un desenvolvemento integral e hármonico da persoa nos distintos planos físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo, e a procurar as aprendizaxes que contribúen e fan posible o devandito desenvolvemento.
Nesta etapa educativa os elementos que a condicionan están baseados no ritmo e estilo de maduración de cada neno no desenvolvemento e na aprendizaxe, por iso terase en conta sempre a súa afectividade, as súas características persoais, as súas necesidades, intereses e estilo cognitivo.
Nesta etapa será fundamental proporcionarlles aos nenos/as experiencias que faciliten a súa inserción no mundo laboral, sempre que sexa posible. A escola tratará de coordinarse con outras institucións, buscando a colaboración de outros profesionais.
Cada aula ten dúas ou tres sesións de educación física e educación musical, dependendo das necesidades do seu alumnado.
O material que se presenta nesta aula sirve de instrumento como medio relacional, como ferramenta de xogo, e como fonte de curiosidade, é dicir, a súa finalidade é espertar os seus sentidos creando un contorno rico en estímulos que permitan incrementar as súas habilidades e potencialidades, facilitando con iso o proceso de ensino aprendizaxe. Así se axudará ao noso alumnado a adquirir e adesenvolver habilidades motoras, cognoscitivas e socioafectivas, é dicir, potenciarase ao máximo o seu desenvolvemento.
A maioría das aulas do centro, están dotados con Encerados Dixitais Interactivos, para traballar diversos contidos educativos. Ademais dispoñemos de varias tablets.
ACTIVIDADES INCLUSIVAS O centro realiza diversas actividades que fomentan a inclusión do noso alumnado en outros centros educativos. Algunha desas actividades son:
Pretende fomentar a participación en tarefas colectivas, sendo conscientes da necesidade das aportacións individuais e da disciplina propia e doutros para posibilitar a danza común.
A través del preténdese: explorar a capacidade expresivamediante distintas linguaxes (oral, corporal,…) e aumentar a amplitude do seu contorno vital a o incluír nas súas rutinas as saídas para actuar ou ver representacións.
As características conceptuais e técnicas de gravado fano moi interesante dentro do ensino artístico. Co obradoiro proponse unha aprendizaxe práctica, encamiñada a desenvolver a creatividade ea experimentación dos alumnos/as.
Co proxecto “El jardín de los Sentidos”, propoñémonos configurar un contorno máis afable e cunha maior presenza da Natureza, ao mesmo tempoque compartimos co noso alumnado o pracer de xerar un novo mundo depercepcións e afáns.
Ademais, non podemos esquecernos das numerosas saídas, ao contorno máis próximo, que realizamos ao longo do curso escolar, cuio obxectivo é desenvolver diversas habilidades que faciliten a inclusión social do noso alumnado. OUTROS SERVICIOS
É un servizo ofertado pola Consellería de Traballo e Benestar Social ao alumnado do CEE “María Mariño”. Todo o persoal docente e non docente debe acudir ao comedor para a intervención directa nos hábitos alimenticios e sociais dos alumnos/as. Entre outros: comer de todo progresivamente na cantidade axeitada, manter a orden e en xeral gardar as normas de convivencia nun contexto diferente ao da aula, moi importante na aprendizaxe destes alumnos/as porque contribúe nun maior grado de autonomía persoal.
Son as que se levan a cabo en horario de 15 h. a 17 h. Parte do alumnado fai diversas actividades lúdico-formativas, coas educadoras, os obxectivos da súa intervención son, entre outros, favorecer a autonomía das persoas, desenvolver actividades cunha finalidade educativa, cultural e lúdica. E outro gurpo de alumnos/as que posúen un certo nivel de habilidades manipulativas e son capaces de acadar maiores niveis de independencia individual e social, realizan as súas tarefas en distintos obradoiros como alfombra, carpintería, ximnasia rítmica, pirogravado, pasta de papel, … .
Temos 6 rutas que inclúen a cidade da Coruña e concellos limítrofes.
Por último, queremos animaros a pór vos en contacto con nós, ante calquera dúbida. |
|||