Saltar navegación

Deseñar cursos Platega, directrices

Banner de Platega

Pensador
Imaxe derivada de Openclips Crear CCO 1.0

Deseñar e crear un curso virtual é unha tarefa complexa que esixe tomar decisións, adoptar enfoques metodolóxicos, seleccionar e secuenciar accións, programar tarefas, documentarse, localizar recursos educativos, fixar criterios de avaliación e cualificación. Pero...

  • Como comezar a crear un curso? Que proceso seguir?
  • Que modelo instrucional seguir?
  • Que Teoría da aprendizaxe asumir?
  • A función do profesorado será, transmitir coñecementos? xestionar a aprendizaxe?
  • A función do alumnado será, recibir pasivamente os contidos? Procurar información, procesala, analizala, sintetizala, compartila...? Desenvolver competencias e adquirir desempeños? Que produtos, traballos... debe crear o alumnado?
  • Que tipo de tarefas programar? Como organizalas?
  • Como avaliar o proceso de aprendizaxe?
  • Como medir as aprendizaxes realizadas?
  • Como avaliar o propio curso?

Algunhas destas decisións están xa pautadas nas directrices para crear cursos Platega. Outras... cómpre documentarse e decidir. Neste documento coméntanse as directivas establecidas polo CAFI para a creación de cursos virtuais.

 


Departamento de educación dixital
Vostede é libre para:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Non comercial — Non pode utilizar este material para propósitos comerciais.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)