Saltar navegación

Como podo evitar recibir todas as mensaxes dos foros?

Ter ben configurados os foros é importante, pois do contrario pode pasarnos, por exemplo, que recibamos e-mails que non queremos recibir, un por cada comentario que se escriba nos foros.

Sitios onde configurar os Foros:

No perfil de usuario de Platega

Administración > Editar perfilPasos:

1. Entra en Platega identificándote co teu usuario.

2. Preme no teu nome arriba á dereita

3. Apararecerá o Bloque Administración > Editar o perfil (imaxe da dereita)

4. A configuración xeral típica dos Foros pode ser:

Configuración dos foros no perfil de usuario

Configuración dos foros no perfil de usuario

Deste xeito temos feita a configuración xeral no noso perfil de usuario Platega.

En cada Foro

Aínda debemos configurar cada Foro do curso Platega para determinar qué queremos recibir dese foro. Se na configuración xeral que acabamos de facer seleccionamos Non. Non me subscriba automáticamente nos foros (recomendable) non recibiremos mensaxe algunha dun foro mentres non o indiquemos. 

Ao enviar a nosa primeira mensaxe podemos configurar o que queremos recibir dese foro: en Subscrición podemos elixir se queremos recibir por correo, ou non, copias das mensaxes dese foro. Por exemplo:

Configuración da recepción das mensaxes dun foro.

Configuración da recepción das mensaxes dun foro.

Listo!! 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)