Pasos a seguir:
1. Localizar na parte superior dereita da ventana do navegador o nome de usuario ou usuaria e a imaxe que sae por defecto. Premer sobre ela.
2. Abrirase o menú despregable que se amosa na imaxe. Seleccionar a opción Perfil.
3. Na seguinte pantalla localizar a pestana Perfil e facer clic.
4. Amosarase a pantalla de configuración do perfil. Engadir na zona 1 un texto descritivo con datos como o centro de ensino, corpo e especialidade.
En caso de que apareza unha imaxe por defecto, marcar a casiña Eliminar numerada como 2.
Arrastrar a foto de perfil na zona 3.
5. A imaxe aparecerá cargada na zona 2. O seguinte paso é gardar os cambios premendo en Actualizar o perfil.
6. Este será o novo aspecto do perfil.