Saltar la navegación

6.1 - Completado da actividade

Moodle permite configurar uns checks nos que aparecerán marcadas as tarefas completadas na parte dereita do curso. Podemos configurar "caixas de verificación" de 2 tipos:

  • Márcanse automáticamente cando se cumpran as condicións que elixamos. Trazo discontínuo.
  • Os participantes poden marcar/desmarcar manualmente. Trazo contínuo.

Para poder configuralo deberemos seguir os seguintes pasos:

1. Activar o Seguimento na Configuración xeral do curso: Editar a configuración > Seguimento de completado

Seguimento do completado

2. Configurar os items (tarefas, cuestionarios, contidos...) que van ter a caixa de verificación de completado.  

Como configurar o completado nunha tarefa (manual)

A configuración da imaxe anterior inserirá unha caixa de verificación sólida que se marcará/desmarcará manualmente cando o participante queira.

Como configurar o completado nunha tarefa (automático)

A configuración da imaxe anterior inserirá unha caixa de verificación que se marcará automáticamente cando o participante satisfaga a/s condición/s sinaladas.

Exemplo cos dous tipos de completado da actividade activos

Escriba su contenido...

A configuración pode variar lixeiramente dependendo do recurso ou actividade.

Durante o desenvolvemento do curso podemos consultar o informe do seguimento para saber como van os participantes seguindo as indicacións:

Acceder ao informe de seguimento: Completado da actividade

Establecer filtros para o completado da actividade.



Departamento de Educacion dixital do CAFI
Obra derivada de Crear secuencias didácticas con Moodle, de A. Carracedo, Y. G. Ulla e P. Camarero
 
Vostede é libre de:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Non comercial — Non pode utilizar este material para propósitos comerciais.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)