Saltar navegación

Cantar la canción

Cantar un romance vello

Coa letra escrita no encerado, escoitar a versión da panxoliña «Nadal de Luintra».

Cara Belén camiña

unha Nena ocupada

fermosa, en canto a ela,

San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén

e pediron pousada,

responderon de adentro

con voz alborotada.

¿Quen chama á miña porta,

quen á porta me chama?

Somos Xosé e María

que pedimos pousada.

Se traen cartos que entren

e senon que se vaian.

Cartos non traerei,

máis que un real de prata.

Isos son poucos cartos,

pídanno noutra parte.

San Xosé xa penaba,

María o consolaba.

Non te apenes Xosé,

non te apenes por nada,

¿qué máis cartos ti queres

que isto que me acompaña?

Berrogüetto. Nadal de Luintra