Coordinar cursos Platega
Coordinación de cursos Platega
- Cada curso ten asignado unha persoa coordinadora para asesorar e guiar a titorización.
- É necesario que as persoas coordinadoras dos cursos Platega teñan competencia profesional nas tarefas de creación e titorización de cursos de acordo coas directrices establecidas pola comisión Platega.
- As persoas coordinadoras deberán ter todos os desempeños das persoas creadoras e os das persoas titoras de cursos. Ademais deberán ter todos os requiridos para poder desenvolver as misións e responsabilidades recollidas no apartado correspondente do procedemento PR8.3EPF Elaboración do plan de formación do profesorado e da oferta formativa anual.
- Desenvolverán os seus labores seguindo o Protocolo para a coordinación de cursos Platega:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0