Saltar navegación

Crear cursos Platega

  • Deseñar cursos Platega, directrices é o documento que recolle información sobre o deseño de cursos competenciais así como as directrices para crealos. As Especificacións dos cursos Platega, que son unha síntese das Directrices mencionadas, recollen as características propias e específicas dos cursos Platega. A validación ou visto bo para incorporar un curso á oferta en Platega realizarase de acordo con estas especificacións.

  • Os cursos Platega adoptarán enfoques pedagóxicos e didácticos acordes coa formación en competencias profesionais docentes e as estratexias didácticas e de avaliación que isto implica. Deberán contribuír a desenvolvelas, doutro xeito non teñen cabida na oferta formativa.

  • Os cursos Platega buscarán ensinar a “saber facer” e non unicamente “saber”, é dicir, ter un enfoque competencial, onde o significado dese “facer” o determinan as subcompetencias profesionais docentes elixidas para ese curso (información sobre isto en Deseñar cursos Platega, directrices).  

  • Os cursos Platega buscarán causar un impacto positivo no alumnado do profesorado que supere estes cursos; para elo, os cursos deben deseñarse e crearse de xeito que faciliten a transferencia das aprendizaxes realizadas ao contexto laboral e profesional dos participantes. Para elo, no deseño do curso debe formularse como proxecto final ou proxecto integrador (das tarefas do curso) ou conxunto de tarefas… a transferencia que se desexa realicen os participantes ás súas aulas. Para elo os cursos Platega desenvolverán as competencias profesionais docentes. A elaboración deste proxecto final precisará adquirir unha serie de desempeños profesionais que o profesorado participante deberá practicar durante o curso de formación. Nas tarefas ou no proxecto final do curso entregarán aqueles traballos, documentos… que sexan evidencias da adquisición dos desempeños. A avaliación destes traballos acreditará a adquisición dos desempeños ensinados no curso

  • Son varias as orixes posibles de cursos Platega:

    1. Licenzas de formación da modalidade 5.

    2. Cursos encargados directamente aos creadores.

    3. Cursos cedidos polo profesorado, institucións, outras plataformas de teleformación....

    4. Cursos Proxecta.

    5. ...

 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)