Saltar navegación

Que é?

O Sendeirismo

Trátase dunha actividade moi habitual na nosa sociedade e que ten unha característica que a fai diferente a moitas actividades físicas.

Estamos a falar dunha actividade que se adapta perfectamente ás idades da xente e que pode interrelacionar a cativos con maiores. É por iso que ten tanta aceptación a nivel familiar, xa que toda a familia pode gozar da actividade e das persoas que participan.

Que é?: Actividade deportiva non competitiva, que se realiza sobre camiños balizados (sinalados), preferentemente tradicionais, ubicados no medio natural. (Definición da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada)

Permítenos coñecer:

  • O relevo natural (montes, ríos, ...).
  • O contido da natureza (plantas, fauna, ...).
  • Elementos patrimoniais (castelos, mosteiros, ...) e etnográficos (muíños, fontes, lavadoiros, ...).

                                         

                

Imos coñecer un pouco máis sobre o sendeirismo para poder levalo á práctica, que é realmente onde mellor se desfruta.

Primeiramente debemos coñecer a súa simboloxía básica para poder realizala.

a) DISTANCIA

COR NOME CARACTERÍSTICAS
GRAN PERCORRIDO DISTANCIA MAIOR DE 50KM MÁIS DE DOUS DÍAS
PEQUENO PERCORRIDO DISTANCIA ENTRE 50KM e 10KM UN OU DOUS DÍAS
SENDEIRO LOCAL DISTANCIA ATA 10KM DIFICULTADE MÍNIMA

NOTA: Aínda queda algún  sendeiro onde aparece algunha ruta de Pequeno percorrido (PR) cunha distancia inferior a 10km.

b) SINALIZACIÓN

Pencho Campos. Sinalización (CC BY-NC-SA)