Ao longo deste tema imos darnos conta de que practicamente as capacidades están presentes en
todos os deportes, coa salvedade de que son unhas as que destacan máis que outras segundo o que
vaiamos a facer. Pero tamén debemos ter en conta que moitas veces a suma de dúas delas
provocan outra capacidade.
Isto é o que realmente imos ver nos seguintes apartados, como sumando dúas capacidades
básicas temos coma resultado outra capacidade de traballo que denominaremos de forma distinta.
Non vai ser necesario saber moito sobre elas, pero si vainos vir moi ben coñecer a súa procedencia.