Cando se mide a FC
En función do momento no que se mide o noso latexo podemos diferenciar varios
tipos de frecuencia cardíaca.
BASAL: Medición do noso latexo antes de levantarnos da cama despois de durmir. Trátase do
latexo máis baixo que podemos ter en absoluto reposo.
REPOUSO: Determínase cando estamos tranquilos, en descanso, ben sexa vendo a TV, lendo,
sentados, etc.
ESFORZO: Ocorre cando facemos actividade física e esta é superior á que normalmente temos en
repouso.
MÁXIMA: Trátase do máximo de pulsacións que podemos acadar facendo algún tipo de actividade
física, pero na que non poñemos en risco a nosa saúde.
Aínda que existen estudos diversos para calcular a nosa FC Máxima, por cuestións de
familiarización cos conceptos e por manexar fórmulas máis adaptadas ás idades do
alumnado, conseguiremos saber a nosa FC Máxima coa seguinte operación.
220 menos a idade que temos.