Saltar navegación

Actuación Práctica

Trátase dun grupo de voluntarios, que

cumpren unhas determinadas funcións

para atender a unha compañeiro/a

accidentado/a.

Normalmente son as persoas máis

cercanas ao accidente e eles deben

tratar de organizarse para cubrir as

necesidades básicas traballadas con

anterioridade.

Na imaxe, observaremos a función de

cada un deles e o rol que cadaquén

asume na situación que se lles presenta.

Función da brigada
          Pencho Campos. Brigada PAS           (CC BY-NC-SA)

Actuación ante accidente.

Formar grupos de tres e observar este vídeo:

Explicar como vos desenvolveriades neste accidente otorgándovos un rol a cada un. Comezade o exercicio   catalogando se estamos ante unha EMERXENCIA ou unha URXENCIA.

Ánimo!!

Pencho Campos. Golpe (CC BY-NC-SA)

Creación de simulacro

Tendo en conta a actividade anterior, e utilizando unha táblet, debedes facer unha gravación que simule un accidente e plantexarlle a outro grupo que actúe mediante o protocolo PAS, deixándolle notificado o tipo de accidente ocurrido.

Posta práctica:

1- Gravación do simulacro.

2- Plantexamento da actividade ao outro grupo.

3- Notificación do tipo de accidente.

4- Catalogación  de URXENCIA OU EMERXENCIA por parte do grupo que responde.

Atención coa brigada
Pencho Campos. Brigada PAS 2 (CC BY-NC-SA)