Saltar navegación

Atribución da propiedade intelectual

Barco pirata

Imaxe derivada por A. Carracedo CC BY-SA 2.0  da orixinal de
P. Rená da Silva. Barco pirata
. CC BY-SA 2.0

 

Calquera obxecto dixital publicado en Internet ten dereitos de propiedade intetectual, mesmo aqueles nos que non se indica ningunha licenza de autor. A lei de propiedade intelectual establece nese caso unha licenza Copyright, é dicir, todos os dereitos reservados.

Afortunadamente existen outras licenzas, como as Creative Commons, que combinando os 4 dereitos Atribución (BY), Compartir igual (SA) Sen obras derivadas (ND) e Sen uso cormercial (ND) orixinan varias licenzas, algunhas das cales permiten o uso deses recursos sempre que se respecten os dereitos reservados.

O curso virtual que creemos terá unha licenza CC BY-SA, pois a Consellería obriga a que os recursos creados no contextos de actividades de formación teña esa licenza, polo que unicamente poderemos empregar recursos alleos que teñan licenzas compatibles con esta.

Polo tanto, temos que aprender que recursos podemos empregar e como atribuir a súa propiedade intelectual aos seus creadores e lexítimos donos.

 Fíxate como na imaxe de ao lado atribúese a propiedade intelectual ao seu autor orixinal, ao que obriga o BY (atribución) e a obra derivada compartese coa mesma licenza ca orixinal, ao que obriga o SA (compartir igual).

Para saber máis...

Documento imprescindible. Este curso virtual segue moi de cerca esta guía.

  • J. O. Castanedo, R. Luna P. Barberán Obra colectiva para a Rede Iberoamericana de TIC e Educación (RIATE) e o Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE).  “Creación, reutilización y difusión de contenidos”, [En liña]. Dispoñible: http://www.riate.org/version/v1/recursos/cursolicenciasnavegable/index.html. [Consulta: 3-novembro-2013].
    Documento completo sobre Propiedade intelectual, Dereitos de autor, Licenzas...

Departamento de educación dixital
Vostede é libre para:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Non comercial — Non pode utilizar este material para propósitos comerciais.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)