Avaliación
Aquí describiremos ao alumnado como se avaliará o seu traballo e o produto final realizado.
Esta ferramenta permítenos medir o traballo do alumnado mediante unha gran diversidade de criterios graduados.
Os criterios de avaliación serán coñecidos polo alumnado antes de comezar a realizar as tarefas.
Ademais do traballo individual avaliaremos o funcionamento do traballo en grupo e de todo o proceso de realización da webquest.
A primeira vez que realicemos unha webquest elaboraremos unha rúbrica que nos sexa de utilidade para avaliar o traballo do alumnado e tamén engadiremos uns criterios de autoavaliación que obrigarán ao alumnado a reflexionar sobre o seu propio traballo.
Hai servizos en internet que nos facilitan a elaboración de rúbricas. Un deles é Rubistar que permite crear rúbricas para avaliación dun xeito moi doado.