Resultados

A páxina de resultados dunha busca calquera, sexa Busca directa ou Texto libre, é sempre a mesma.

Mediante esta ficha temos toda a información do resultado da busca.

  1. Na barra azul da ventá facilítase o número de rexistros coincidentes coa procura. 
  2. Aparece un listado dos libros resultado da busca.
  3. A barra de desprazamento permítenos ver os resultados que non aparecen en pantalla.
  4. Na ficha ISBD facilítase a información do libro seleccionado (para seleccionar un libro, facemos clic na lista de resultados)
    • Signatura, que nos permitirá ubicar físicamente o libro na biblioteca.
    • Ficha bibliográfica, con autor, título, editorial, ano de publicación, número de rexistro, etc.

 O botón permítenos dar a nosa valoración do libro.