Proxector e PDI. Definicións
Que é un Proxector?
Un proxector é un dispositivo que conectado a un equipo informático permite visualizar a pantalla do ordenador noutra máis grande.
Hai proxectores "convencionais", que obteñen os mellores resultados a certa distancia, e que son os que se instalan habitualmente nas aulas TIC, por exemplo os que forman parte do "Kit aula dixital" da Consellería de Educación.
Proxector convencional tipo "Kit aula dixital".
Nas aulas Abalar instálanse proxectores de ultracorta distancia, capaces de proxectar unha imaxe de 70 polgadas dende unha distancia de tan só 16 cm, co que se logra suprimir as sombras que moitas veces resultan molestas para o traballo conPDIs.
Proxector de ultracurta distancia propio das aulas Abalar.
Que é unha PDI?
A Pizarra Dixital Interactiva ou PDI ou EDI (Encerado) é un dispositivo sensible ao tacto que, en combinación cun proxector, permite controlar u ordenador utilizando os dedos; ademáis, conta con software específico deseñado para tirarlle o maior partido.
Pizarra Dixital Interactiva SmartBoard 680V, do tipo que se instala nos centros educativos deGalicia con altofalantes acoplados.