Tarefas

  1. Busca o procesador de textos no teu ordenador e iníciao.
  2. Abre un ficheiro creado por un procesador de textos (do tipo *.odt, *.doc, etc.)
  3. Dalle formato á páxina. Cambia as marxes e activa "Cabeceira" e "Rodapé". Segue estes pasos:
    1. Menú "Formato" > "páxina..."
    2. Na pestana "páxina" cambia as marxes.
    3. Nas pestanas "Cabeceira" e "Rodapé"marca a casiña "activar cabeceira" e "activar rodapé", respectivamente.
    4. Fai clic na cabeceira e escribe "Itinerario de Competencia TIC docente". Céntra o texto e dalle un tamaño 9.
    5. Selecciona o texto que acabas de escribir e fai clic no menu "Formato" > "Parágrafo" e na pestana bordos, selecciona e a continuación fai clic na liña superior que se ve na imaxe. Comprobarás que desaparece e únicamente queda a inferior. Preme o botón "Aceptar". Debería aparecer unha liña debaixo do texto e todo ao ancho da pantalla, coma no exemplo. 
    6. Seguindo os mesmos pasos, inserta o número de páxina no rodapé. (Menú "Inserir" > "Campos" > "Número de páxina")
  4. Aplícalle formatos ao título. Selecciónao e cambialle o tipo e tamaño de letra; pono en negriña e subliñado.
  5. Selecciona un parágrafo e fai os axustes seguintes:
    1. Tamaño de letra: 11.
    2. Espazamento entre liñas: 1'5.
    3. Aliñamento: xustificado.
  6. Aplica diferentes cores a algunhas palabras.
  7. Descarga unha imaxe de internet. Neste enderezo atoparás moitas baixo licenza Creative Commons , http://openclipart.org. Os filtros de busca están en inglés.Algunhas categorías son "House", "Animal", "Computer", "Internet", "People", "Kids", "Technology", etc.
  8. Pega a imaxe no documento de traballo e tenta redimensionala e colocala ao teu gusto.