Saltar la navegación

Polos Creativos - Deseño

Información dos kits

Neste apartado poderedes atopar un monte de posibilidades relacionadas co deseño: lapis de deseño 3D, impresora 3D, escáner 3D, plotter de corte, plastificadora, cortadora láser... As posibilidades para traballar na aula son infinitas! Bótalle un ollo á lista de materiais de cada un clickando no nome do kit!

Se queres volver á sección principal de polos creativos, fai click aquí.

Kit 4: Equipo de Impresora 3D (2 dispoñibles)

Fabricar obxectos tridimensionais fomenta as inquietudes do alumnado e o traballo en equipo. Ver o obxecto en 3D pode ser moi útil para traballar conceptos coma área ou volume. Hai dispoñibles 2 kits para préstamo.

Listaxe de material

Manual

Kit 5: Equipo de Lápices 3D (2 dispoñibles)

Os lapis 3D permiten que a rapazada poida facer novos deseños ou crear debuxos diferentes, deste xeito entran en contacto coa perspectiva das cousas, podendo dar renda solta á súa imaxinación. Hai dispoñibles 2 ktis para préstamo que conteñen 6 lapis cada un.

Listaxe de material

Kit 6: Equipo Plotter de corte (2 dispoñibles)

Composto por un Plotter de corte, ferramentas de precisión e material de mostra; este kit permitirávos dende o primeiro momento realizar numerosos deseños introducíndovos no mundo da creacións gráficas: lenzos vinílicos, fotografia, cartelería, impresión textil, etc... Dispoñemos de 2 kits deste tipo.

Listaxe de material

Manuais e outra documentación

Kit 7: Equipo de Plastificadora (2 dispoñibles)

Este kit é o complemento idóneo para elevar as vosas impresións gráficas nivel, se escolléstedes o Plotter. Ademáis da propia plastificadora, o kit vai acompañado de láminas de mostra para comezar dende. Dispoñemos de 2 kits deste tipo.

Listaxe de material

Kit 8: Equipo de Cortadora Láser (2 dispoñibles)

A cortadora láser permite cortar ou gravar materiais de forma fácil, rápida e precisa. Pasar do deseño á realidade en moi pouco tempo e crear prototipos e maquetas con madeira, cartón, téxtil,... Contamos con 2 kits para préstamo.

Listaxe de material

Manuais e outra documentación

Kit 11: Equipo de Escáner 3D (1 dispoñible)

Este equipo permite xerar modelos tridimensionais a partir de obxectos reais, podendo crear obxectos de aprendizaxe con modelos 3D interactivos ou simplemente replicando obxectos coa axuda da impresora 3D. Hai dispoñible un equipo para préstamo.

Listaxe de material

Consulta os calendarios de dispoñibilidade

Consulta de calendario

Premendo nas lapelas superiores poderás consultar os calendarios de dispoñibilidade de cada kit. Lembra que existen kits onde hai máis dun dispoñible ao mesmo tempo!

Kit 4 - Equipo de Impresora 3D (2 dispoñibles)



Kit 5 - Equipo de Lápices 3D (2 dispoñibles)



Kit 6 - Equipo de Plotter de Corte (2 dispoñibles)

Kit 7 - Equipo de Plastificadora (2 dispoñibles)



Kit 8 - Equipo de Cortadora Láser (2 dispoñibles)



Kit 11 - Equipo de Escáner 3D (1 dispoñible)

 Solicitude de kits de deseño








Creado con eXeLearning (Ventana nueva)