Xestionar grupos
Un profesor editor ten privilexios para organizar distintos grupos dentro dos alumnos do seu curso.
Para crear grupos debemos ir á xanela de administración unha vez que estamos dentro do curso e premer sobre Grupos.
1.Prememos en Crear grupo. Na seguinte xanela cubrimos os datos do novo grupo que estamos a crear.
2.Pulsamos en Engadir/Eliminar usuarios dun grupo.
3.Veremos a lista dos potenciais usuarios que podemos incluír no grupo que nun principio serán os alumnos matriculados no noso curso.