Proxecto MEIGA


 

O PROXECTO MEIGA 

É unha aplicación de xestión de bibliotecas escolares.

Ademais co proxecto búscase a automatización dos procesos de catalogación, préstamos, a normalización de datos bibliográficos, os  procesos de intercambio de información pola rede, e en definitiva a integración das bibliotecas nunha rede

A aplicación é configurable polo usuario, cubre as necesidades básicas dunha biblioteca para catalogación, recuperación e préstamos, adáptase a estándares de importación e exportación en formato MARC, ISBD.

Debe instalarse no ordenador e pode funcionar  en rede, non habendo recorte no número de usuarios. MEIGA distribúese de forma totalmente gratuita, pola Dirección Xeral de Promoción Cultural.