Contornos Colaborativos

Hoxe en día, a WEB ofrécenos distintas ferramentas para poder compartir e almacenar os nosos arquivos, imaxes, sons, vídeos..., está claro que a hora de subir os nosos documentos a nube hai moitos recelos: Que ocurre cos documentos cando se suben?, que privacidade temos?, podémolos perder? (Megaupload). As respostas son incertas xa que non temos garantías de nada, pero dende logo, para o traballo a diario, tendo coidado de facer copias a miúdo, da opurtunidade de traballar moito máis cómodo e rápido.
A filosofía é: Mediante a ferramenta, que é gratuíta en parte, e a que se accede mediante un rexistro con usuario e contrasinal,  creamos un cartafol físico no noso ordenador e podo crealo en tantos ordenadores como eu queira sen máis que instalar esa ferramenta neses ordenadores, e a súa vez créase na Nube (Internet) un espazo que contén ese mesmo cartafol. Se imos a calquer ordenador que non teña ese cartafol, podemos acceder aos arquivos e descargalos do que temos en na nube.
Unha vez que temos a estructura de ordenadores conectados (p.e. casa e traballo), calquera arquivo ou cartafoles que se meta nese cartafol, automaticamente os temos en todos os ordenadores da  estructura e tamén na nube.
Outra ventaxe destas ferramentas é que dentro dese cartafol podo crear cartafoles compartidos con outros usuarios da ferramenta; cando poño un arquivo en ese cartafol, case que de inmediato, dependendo do peso do arquivo e da conexión de internet, aparécelle no ordenador do outro usuario, o que beneficia moito ao traballo colaborativo.
Tamén ten desvataxes, unha é que relentiza bastante o inicio do ordenador, sobre todo se hai mala conexión de rede, xa que ten que sincronizar todos os arquivos novos que se meteran e por suposto, a sensación de que eses arquivos xa non son teus.
Imos a ver tres desas ferramentas DROPBOX, DRIVE e UBUNTU ONE.