Instalación de Programas no Ordenador

Uns dos pilares básicos da informatica é que podamos personalizar e utilizar o software que necesitamos no noso traballo diario, polo tanto é fundamental coñecer os mecanismos para instalar e desinstalar programas. Neste apartado imos facer unha práctica de instalación con varios programas tanto no S.O. Windows coma no S.O. Ubuntu.

Hai que ter en conta que os programas que se instalan nun ordenador veñen, normalmente, de dúas fontes: de internet ou a traverso de perifericos do ordenador (CdRom, DVD, USB, ...) en todo caso sempre haberá un arquivo executable que será o instalador do programa, nalgúns casos ese arquivo chámase setup.exe, outras veces install.exe e outras e o nome_do_programa.exe.

Normalmente cando se instala a traverso dos periféricos, sobre todo en CdRom ou DVD, traen un arquivo autoexecutable co cal ao introducilos no ordenador xa se instala o programa automaticamente (haille que dar un certo tempo para que comence a instalación), se pasado un rato non empeza, haberá que utilizar un explorador (coma o Nautilus de UBUNTU) para buscar o arquivo instalador no CdRom,  DVD ou USB e premer enriba de él.