XADE
Que é Xade?
Xade é o acrónimo de Xestión Administrativa Da Educación.
É unha aplicación web que permite xestionar diversas tarefas administrativas, como por exemplo, matricular alumnado, asignalo a un grupo, establecer os grupos, rexistrar as faltas de asistencia do alumnado e do profesorado, poñer as cualificacións e imprimir actas, boletíns, listados e un longo etcétera.
Para acceder a Xade son precisas dúas condicións:
- Contar cunha conta de acceso, que son os mesmos datos que para acceder á nosa conta de correo electrónico.
- Ter destino nun ou máis centros educativos (caso do profesorado itinerante) e que a persoa con permiso para elo - habitaulmente o director- nos asigne un perfil.
En Xade existen diferentes perfís; algúns predeterminados, como Secretario ou Director, e outros que podemos crear se temos os permisos para facelo.Segundo os perfís, poderemos acceder a máis ou menos características de Xade.
Neste curso aprenderemos a poñer as cualificacións do alumnado e a obter e imprimir os correspondentes boletíns.