Introdución
Nautilus-Image-Converter é un complemento do navegador Nautilus que permite cambiar o tamaño de imaxes e tamén rotalas.
Poderemos reducir ou aumentar o tamaño das imaxes, pero sempre se conservará a proporción orixinal entre as dimensións das imaxes. Á hora de aumentar o tamaño dunha imaxe hai que ter en conta a perda de calidade que esta operación supón.
As principais vantaxes deste software son a sinxeleza de uso, e que permite realizar unha operación de redimensionamento ou rotación simultáneamente sobre un conxunto de imaxes que seleccionemos dentro dun cartafol, é dicir, non temos que facelo unha a unha senón que podemos facelo sobre varias imaxes á vez.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0