Xeralidades
Especificacións relevantes correspondentes á distribución para os equipos que se encontran no marco do Proxecto Abalar.
A maqueta encóntrase construída a partir dun sistema GNU/Linux distribución Debian 8.7 Codename Jessie
- Versión estable
- Asegura unha continuidade
- Mellora o mantemento
Construída sobre un kernel estándar de kernel.org, versión 4.9.0-0-686-pae. Manter o kernel liberado por Debian, ten as seguintes vantaxes sobre o último dispoñible:
- Ofrece estabilidade no núcleo do sistema
- Compatibilidade co hardware do proxecto, xa que foi testeado co devandito kernel
Empregando a consola para saber a distribución e e a arquitectura do sistema operativo
TRUCOS PARA ESCRIBIR NO TERMINAL
Retroalimentación
Cando abrimos un terminal existen dúas opcións moi interesantes a ter en conta:
- Coa tecla do cursor "hacia arriba" podemos recuperar sucesivamente desde o máis recente ata os menos recentes os diferentes comandos que fomos executando con anterioridade sen necesidade de volver a teclealos.
- Co tabulador podemos ir completando as rutas ou os comandos de xeito sinxelo, pois o propio sistema vai autocompletando a medida que imos escribindo.
- Por exemplo, se escribimos "lsb_" e a continuación pulsamos o tabulador automaticamente se completa o comando: lsb_release.
- Por outra banda, se ao introducir o comezo dun comando e pulsar tabulador non aparece nada deberemos pulsar novamente o tabulador para que o sistema nos informe das diferentes posibilidades. (O sistema non pode autocompletar o comando se existe máis dunha posibilidade ou simplemente non existe). Por exemplo, escribir no terminal "lsb" e pulsar tabulador unha vez. Observamos que non acontece nada... Pero se pulsamos o tabulador novamente o sistema suxire dúas posibilidades: lsblk e lsb_release.
Sabías que...
Retroalimentación
Os nome claves das edicións de Debian son nomes das personaxes do filme de animación 3D Toy Story.