Xestor de enerxía
Suspender / Hibernar
Podemos configurar o equipo para definir o seu comportamento en canto á xestión de enerxía dependendo se está conectado á corrente eléctrica ou traballando coa batería.
Os modos de suspensión e de hibernación representan diferentes modos de aforro de enerxía nos nosos equipos.
1. O modo de suspensión detén todas as operacións de todos os procesos e salva o estado do sistema na memoria principal (RAM). O equipo pasa así a un modo de baixo consumo no que o sistema aínda necesita de enerxía. Normalmente hai varias formas de activar de novo a sesión, como por exemplo pulsar unha tecla ou pulsar e soltar rapidamente o botón de prendido do equipo.
2. O modo de hibernación traslada todos os datos da memoria RAM á memoria de intercambio (swap) no disco duro, e ademais lle indica ao xestor de arranque que inicie a sesión co kernel axeitado para a continuación apagar a máquina completamente. Así pois, neste estado, o sistema non precisa de enerxía. Podemos volver a levantar o equipo pulsando o botón de prendido, o que provocará que o kernel recargue o contido da memoria desde a swap.
Na área de notificacións ( barra inferior lateral dereito) atópase a icona do xestor de enerxía. Picando co botón dereito na opción de preferencias accedemos ao menú de configuración do xestor de enerxía onde podemos identificar as accións a realizar polo equipo cando se pecha a tapa; cando se premen os botóns; etc.