Saltar navegación

Proxecto “Escolas Conectadas”

Galicia pon en marcha a iniciativa “Escolas Conectadas”, que dotará a 820 centros educativos públicos de conexións de ata 500 mbps

No 2015 asinouse un convenio "Escolas conectadas"  que conta cun orzamento total de 19,1 millóns de euros.

Este convenio permite instalar conexións de 100 megas en 839 centros educativos ao longo de 2016 e 2017, e dotar estes centros dun acceso a wifi por cada 60 alumnos, de forma que ao longo dos dous vindeiros anos o 100 % dos centros públicos de Primaria e Secundaria contarán cunha conexión a Internet de, polo menos, 100 megas que favoreza a súa completa dixitalización e que poida ser empregada simultaneamente por docentes, persoal administrativo e alumnos sen esperas nin cortes.

Orange , o operador adxudicatario desta actuación, garante conexións de 500Mbps de baixada e 500Mbps de subida en 518 centros educativos e 150Mbps de baixada e 50 de subida noutros 321 centros.

Ademais, a Xunta proporcionará a todos os centros contarán wifi de alta capacidade. O investimento da actuación xunto co custe do mantemento das liñas supoñen un orzamento de 17,7 millóns de euros. 

O incremento de velocidade permitirá os centros ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea dun maior número de equipos e o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.

Convenio escuelas conectadas

Convenio multilateral de colaboración entre el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, la Agencia de Modernización Tecnológica de Galicia, la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia, y la entidad pública Red.es para la extensión del acceso a la banda ancha ultrarrápida de los centro docentes españoles.