Acceso a internet dos centros educativos.
Nos últimos anos, a Xunta de Galicia a través da Amtega, está a facer un esforzo para mellorar as liñas de conexión dos centros. Durante este período a compañía adxudicataria do concurso de telecomunicacións nos edificios da Xunta de Galicia ten presentado un plan de actuación para ampliar, nos casos nos que sexa posible, o ancho de banda nos centros escolares.
Dentro deste esforzo por mellorar a conectividade dos centros educativos durante o 2015 pasouse dunha velocidade media de 26,6 a 58 Mbps, con 370 centros con velocidade de 100 ou 200 Mbps.
Así pois, a primeiros do 2016 o mais do 40% dos centros educativos contaban xa con redes ultrarrápidas e velocidades de conexións superiores a 100 ou 200 Mbps
Desde 2009 as actuacións impulsadas pola Xunta permitiron multiplicar por catro a velocidade media de conexión dos centros educativos dependentes da Administración autonómica.
Durante o 2015 asinouse un convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación e a entidade pública empresarial Red.es para garantir o acceso ultrarrápido ao 60 % dos centros restantes.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Sen obra derivada 3.0