Aspectos básicos da estructura
En todos os equipos Abalar, existe un cartafol/ lugar ( PLACE) denominado aula, que contén á súa vez dous cartafois denominados profesor e alumno:
Equipo do profesor: | Equipos dos alumos (ultraportátiles). | |
/home/profesor/aula/profesor | ||
/home/alumno/aula/profesor |
O cartafol do profesor está pensado para que o docente poida compartir arquivos cos seus alumnos, de xeito que estes poidan copialos ou executalos pero non modificalos.
Por este motivo, o recurso compartido profesor é de acceso limitado:
- Só desde o equipo do profesor se pode crear, modificar ou borrar o contido da carpeta “/home/profesor/aula/profesor”.
- Os equipos do alumnado teñen únicamente acceso de lectura aos contidos depositados polo profesor no devandito cartafol. Poden acceder a esa información desde os seus equipos na carpeta “/home/alumno/aula/profesor”.
O cartafol alumno, pola contra,está pensado para que os alumnos poidan compartir co docente ficheiros ou cartafois e que este poida examinalos, correxilos e/ou recollelos, polo tanto alumno como profesores poden crear, modificar, ou borrar o contido.
En resume:
Desde os equipos dos alumnos, pódese gardar a información a compartir na carpeta “/home/alumno/aula/alumno”. Esta información é accesible para todos os usuarios (profesores e alumnos).
O profesor pode recoller ou examinar a información no seu equipo na carpeta “/home/profesor/aula/alumno”.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0